sábado, 10 de septiembre de 2016

Sesión acollida EmpregaMarín III

O pasado día 06 de setembro, levouse a cabo a sesión de acollida do Programa Integrado para o Emprego "EmpregaMarin III", sesión á que foron convadas dende o Servizo Público de Emprego de Galicia, máis dun centenar de persoas desempregadas do Concello de Marín.







Compre dicir que os programas integrados, articúlanse como unha política activa de emprego, dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego. Durante un período de 12 meses, poñense a disposición de ditas persoas os recursos e ferramentas necesarias para mellorar a súa empregabilidade, para que os active laboralmente e lles proporcione competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de insercción laboral.

Tras a sesión de acollida, os demandates de emprego convocados, asistiron a entrevistas individuas nas que os técnicos de emprego do Concello recolleron de primeira man os motivos e o desexo de participar, ou non, no PIE EmpregaMarin III. Froito destas entrevistas, 60 demandantes de emprego foron seleccionados para participar nas diversas accións de formación e procura de emprego que engloban este programa.



 









Enlaces de interese:
 http://www.xunta.gal/portada
 http://www.concellodemarin.es/