viernes, 30 de diciembre de 2016

Prácticas EmpregaMarín III

As persoas participantes no terceiro ciclo de EmpregaMarín realizan prácticas en varias empresas.

Curso operacións auxiliares de comercio



O alumnado dos cursos de actividades auxiliares de almacén e operacións básicas de comercio, accións formactivas encadradas no marco do programa intergrado para o emprego EmpregaMarín III, están levando a cabo o seu periodo de prácticas non laborais en diversas empresas durante o mes de decembro.





Prácticas do curso
Operacións auxiliares de almacén
Estas prácticas supoñen unha experiencia para desenvolver os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso no mudo laboral real, ao tempo que, en moitos dos casos, supón para os beneficiarios un primeiro contacto co mundo laboral para as persoas que ata agora non tiberan a súa primeira oportunidade. Do mesmo xeito, nalgúns casos representan unha oportunidade para expor nos distintos centros de traballo as aptitudes persoais que acaban de convencer aos empregadores e ó final das mesmas poden convertirse nun contrato de traballo.







As empresas que colaboran co PIE EmpregaMarín III, na realización das prácticas non laborais e as cales lle queremos agradecer a oportunidade que brindan aos usuarios do programa, son:




INSTALACIONES, MONTAJES Y REFORMAS PONTEVEDRA, C.B.



jueves, 15 de diciembre de 2016

Listaxe provisional e valoración de méritos Tec. Prospector/a laboral

As pasadas semanas publicáronse tanto o listado provisional como o listado coas valoracións de méritos dos aspirantes ao posto de Técnico/a de Prospección Laboral para o III Programa Integrado de Emprego "EmpregaMarón"
Para máis información visita a páxina do Concello de Marín

viernes, 2 de diciembre de 2016

Oriéntate e Planifica o teu futuro












Talentum Empleo é unha iniciativa de Telefónica.
A través deste programa poderás acceder a formación presencial, especializada e gratuita para que sexas parte dos perfís profesionais máis demandados no sector dixital.
É unha oportunidade única para recibir formación da man dos mellores expertos e conseguir obter un posto de traballo.

Se queres máis información ou estás decidid@ a participar no mesmo preme no seguinte enlace - Talentum

jueves, 1 de diciembre de 2016

Listaxe provisional de admitidos/as Téc. Prospección de emprego



Publicouse a listaxe provisional de admitidos/as e excluidos/as no proceso selectivo dun/ha funcionario/a interino/a, coa categoría de técnico para a realización de tarefas de orientación e prospección laboral dentro do Programa Integrado de Emprego "EmpregaMarín III".


Se queres máis información preme aquí.