No BOPPO do 26 de xaneiro dos presentes, publicouse a convocatoria para a selección de persoal interino para a substitución de praza de operario de servizos múltiples, adscrito ao servizo de limpeza viaria do Concello de Baiona.
O período de presentación de instancias será de seis días naturais a contar dende o día seguinte
ao da publicación no BOPPO, tempo no que as bases estarán expostas ao público no Taboleiro Municipal e na páxina web do Concello www.baiona.org)