jueves, 30 de marzo de 2017

Becas Santander _ Santander CRUE CEPYME 2017

Estas becas configúranse como un programa orientado a complementar a formación dos estudantes das universidades españolas, achegándoos á realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecenzo o contacto con empresas que poidan facilitar a súa inserción laboral.

Destinatarios: Estudantes matriculados nas universidades españolas participantes e PYMES ubicadas no territorio español.

A duración das mesmas será de tres meses e as mesmas. Terán una coantía de 900 €.

Nº de becas: 5.000

O prazo para presentar a solicitude, tanto para participar como empresa como becari@ é do 29 de  marzo ata o 23 de abril de 2017.

Para máis información:
http://www.becas-santander.com/?lang=es

Boletíns de Emprego S14

Que rápido pasan os días! xa estamos a xoves, ánimo que xa queda pouco para a fin de semana.

E como cada xoves achegámosvos os enlaces dos boletíns de emprego semanais.

Sorte a tod@s!!!!!!





http://proxectoiles.eu/pONTEemprego/alertas/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_PONTEemprego_Alerta_216_29-03-2017.pdf
Preme aquí






Preme aquí



 




Preme aquí

 

viernes, 24 de marzo de 2017

Bolsa Aux. Administrativ@s - Vilagarcía de Arousa

O pasado día 24 de marzo publicaronse as bases para a formación dunha bolsa de traballo na categoría de auxiliares administrativ@s.

O obxecto da convocatoria é a selección mediante o sistema de concurso de oposición de aux. administrativ@s cara a creación dunha bolsa de emprego para atender as necesidades de persoal que poidan xurdin no periodo de vixencia da mesma, como persoal funcionario interino.

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación das mesmas no Boletín da provincia.

Poderás consultar as bases no taboleiro de anuncios do Concello ou a través da súa web: www.vilagarcia.es.

Para máis información:

Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, 1
Telf.: 986 099 200
www.vilagarcia.es

jueves, 23 de marzo de 2017

miércoles, 22 de marzo de 2017

Axudante conductor/a barredora - Concello de Marín

No BOPPO do día 22 de marzo publicáronse as bases que regulan o procedemento para a selección dun/a funcionari@ interin@ coa categoría de axudante conductor barredora.

O sistema de selección para a cobertura de dita praza, pola queda libre é o de oposición.
O prazo de presentación de instancias para participar en dito proceso selectivo é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases.

Máis información en:

Concello de Marín
Avda/ de Ourense, s/n
Tel: 986 880 300

Electricista interino - Concello de Marín

No BOPPO de hoxe saen publicadas as bases que regulan o procedemento para a selección dun/ha funcionari@ interino coa categoría de oficial electricista.

Establécese como sistema selectivo para a cobertura interina de dita praza, pola quenda libre, o de concurso- oposición.

Prazo presentación de instancias: 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases.

Para máis información:

Concello de Marín
Avda/ Ourense, s/n
Telf: 986 880 300
www.concellodemarin.es

jueves, 16 de marzo de 2017

Programa de Promoción de Empleo Autónomo y Contratación Indefinida

Orden do 7 de febrero de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convoncan para o ano 2017.

A finalidade desta convocatoria é a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación  indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal en Galicia.

As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Para máis información preme aquí

Boletíns de emprego S12

E un xoves máis deixámosvos os boletíns de emprego semanais.




Premer aquí





Premer aquí




Premer aquí




Premer aquí

miércoles, 15 de marzo de 2017

Certificación galega Competencias Dixitais en Ofimática

Resolución do 7 de marzo de 2017, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se convocan as provas d avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiotes de 16 anos, ou que os cunpran antes da fonalización do prazo de inscrición, inscritas como usuari@s da rede CeMIT.

As probas de avaliación Terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 22 de marzo de 2017.

Para máis información  http://cemit.xunta.gal.

Plan Práctica Laboral Concellos - Deputación de Pontevedra

Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os Concellos da provincia de Pontevedra, para o ano 2017.

Estas bolsas van destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de pormover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

Para máis información:
www.depo.es
Bolsas

lunes, 13 de marzo de 2017

Oferta de emprego

Grupo Temporing selecciona:

1. Un/ha torneiro/a - fresador/a para a zona no Salnés.
Requírese:

  • Formación profesional de grao medio.
  • Ter coñecementos en torno convencional CNC.
  • Manexo de polipastos.
  • Experiencia e formación no manexo de ponte grúa.
  • Coñecementos e experiencia en programación manual.
  • Experiencia mínima de tres anos no posto ofertado.


Valoraráse positivamente posuir experiencia en astilleiros ou en mencanizado de pezas de grandes dimensións.

2.  Un/ha verificador/a metrólogo/a para a zona do Salnés.
Requírese:
  • Formación profesional de grao medio.
  • Experiencia mínima de tres anos en posto similar.
Valoraráse moi positivamente posuír experiencia en máquinas tridimensionais e en calibrado e medicións manuais de pezas.

@s interesad@s deberán remitir as súas candidaturas a:

vigo@temporingett.com


viernes, 10 de marzo de 2017

Traballador/a Social - Concello de Cangas


O concello de Cangas publicou no día de hoxe, 10 de marzo de 2017, a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza en réxime de funcionario/a interino/a dun/ha traballador/a social, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio.

Para máis información:

Concello de Cangas
Avda/ de Castelao 2
Tel.: 986 300 050
www.cangas.gal

Aux. Administrativ@ - Concello Pazos de Borbén

O Concello de Pazos de Borbén ven de publicar a convocatoria e as bases do Concurso, por urxencia, para a selección dun posto de auxiliar administrativ@ con contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, este posto está adscrito ao departamento de sercizos sociais.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO (B
OPPO núm. 48 de 09 de marzo de 2017)

Como enviar un E-Mail

Sabemos enviar e-mails? A maioría diremos: “Si, claro. Quen non vai saber!
Pois verdadeiramente a resposta é un claro e rotundo non, xa que a meirande parte da xente non sabe enviar e-mails, ou non o fai axeitadamente.

Porque enviar un e-mail non é darlle ao botón de “Enviar”. É moito máis.

Antigamente no colexio ensinábannos a escribir unha carta, máis adiante nos estudos específicos aprendiamos a escribir determinados tipos de cartas ou escritos máis oficiais; unha carta de reclamación, unha carta de agradecemento... Tal vez as cousas cambiaron e a ensinanza xa non é o que era fai uns anos ou é que todo se debe á aparición das novas tecnoloxías?

Pero non nos enganemos!! Escribir un e-mail non é como mandar unha mensaxe de texto ou de whatsapp, inda que o enviemos dende o noso dispositivo móbil.
Un e-mail é moito máis parecido a unha carta tradicional.


AS TRES CLAVES PARA ENVIAR UN E-MAIL


1.       O ASUNTO

Nunca esquezas escribir neste apartado, xa que é o apartado no que se fai referencia ao contido do e-mail.
¿Para que serve? Para moito, xa que ao abrir a bandexa de entrada e ler o asunto dos e-mails, decides cal é máis importante e polo tanto cal vas ler primeiro.
A isto teslle que sumar que cando precises ou  queiras volver a ler un determinado e-mail, distinguiralo do resto polo seu asunto.
O asunto é breve; unha palabra, unha frase curta. Non escribas aquí todo o que queres dicir, para iso está o seguinte apartado, o corpo do e-mail.

2.      O TEXTO

Na caixa grande vai o corpo do e-mail, é dicir, todo o que queremos comunicar.
Coma sempre, cando te dirixas a alguén debes comezar cun saúdo:  bo día, ola...
A continuación escribe o que queres comunicar e por último, despídete, como o farías en persoa:
grazas, atentamente, ata logo...
Nunca deixes este espazo en branco, xa que é o espazo reservado para comunicar a túa mensaxe. Non te esquezas de situar ao receptor no contido: “Bo día señor X, escríbolle por…” “En referencia a...”, “Tal e como acordamos ....”
Imaxina que estás na casa, chaman á porta é ao abrires un carteiro, sen mediar palabra, sóltache un paquete, da a volta e marcha. Como quedas? Pareceuche maleducado? Quedaches desconcertado? Pois a mesma sensación provoca recibir un e-mail sen asunto, nin texto e descubrir que ten un arquivo xunto.

3.      A DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA

Cando queres enviar determinada información ou algún documento por e-mail, en moitas ocasións vas ter que engadilo como documento xunto, esta función é moi útil e cómoda para quen o recibe.
Deste xeito poderase gardar no ordenador cun simple clic. Así que hai determinada información que non debes pegar no corpo de texto, senón xuntala, tal e como sucede co teu C.V.

A quen mandas ti e-mails? Hoxe en día case non mandamos e-mail aos amigos, verdade? Máis ben comunicámonos con eles por whatsapp. Pensa, en que ocasións mandas un e-mail. Seguro que a maioría van dirixidos a alguén que está a traballar, ao teu orientador laboral, ao teu profesor, á atención ao cliente dunha páxina web…

Pensa nisto: está a traballar?. Trátase, pois, dunha comunicación formal. Non é unha mensaxe informal coma o whatsapp dos teus amigos. Esta persoa recibe moitos e-mails ao longo do día, facilítalle o traballo escribindo o asunto do teu e-mail, trátao con respecto, como profesional que é, dirixíndote a esa persoa adecuadamente ( bo día, escríbolle por….).

Serve de algo isto? Serve de algo conservar as formas hoxe en día?
Se estás a escribir ao departamento de atención ao cliente, ao mellor o que queres é que se tomen en serio a túa reclamación.
Se lle estás a escribir a un profesor pedíndolle unha titoría ou un cambio de data, quererás conseguilo, entón, importará a forma en que te dirixas a eles?

Se o que estás a facer é enviar un CV a unha empresa, a forma en que o fagas está a transmitir unha imaxe de ti.
Polo que, antes de remitir un e-mail párate a pensar a quen vai dirixido, cal é o motivo polo cal o remites, como o vas redactar, se tes que achegar algunha información complementario ou remitir calquera outro documento, e sobre todo, antes de premer no botón de “ENVIAR” volve a lelo non vaia ser que non quede claro o que queres expresar na túa mensaxe. Recorda que unha vez que o remitas non hai volta atrás.


De seguro que despois de ler esta información os teus e-mails non serán o mesmo!!!!!

jueves, 9 de marzo de 2017

Cursos Lingua Galega - CELGA

Resolución do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuito, a convocatoria de Cursos de Lingua Galega (CELGA) preparatorios da probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Os cursos de nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación, na páxina web da Secretaría Xeral de Polítiga Lingüística (http://www.lingua.gal), os demáis niveis impartiranse de forma presencial.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquela que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de marzo de 2017.

Para máis información: http://www.lingua.gal/portada

Boletíns de emprego S11

Un xoves máis deixámosvos os enlaces para consulta dos boletíns de emprego desta semana.



Preme aquí para acceder ao boletín







Preme aquí








Accede ao boletín

 


Preme para acceder ao boletín
























martes, 7 de marzo de 2017

PERMEX (Permiso de Explotación Marisqueo a pé)

Resolución do 23 de febreiro de 2017 da Xefa territorial de Vigo pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé das confadrías de Lourizán, Pontevedra e Raxó.

O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 19 prazas de marisqueo a pé na cofraría de Lourizán, 15 prazas na confraría de Pontevedra e 2 na confraría de Raxó.

O proceso desenvolverase en dúas quendas, unha xeral e outra para aquelas persoas que se atopen en circunstancias socio-económicas de especial necesidade.

Aos efeectos desta convocatoria considerarase que se atopan en circunstancias socio-económicas de especial necesidade:


  • Os perceptores da renta activa de inserción.
  • As persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia.
  • As persoas que acheguen un informe dos servizos sociais das administracións públicas no que se acredite que se atopan en situación de exclusión social.

As persoas que desexen presentarse ao proceso selectivo, deberán facelo constar mediante unha instancia que se axustará ao modelo que se publica como ancexo II da orde do 30 de decembro, pola que se regula as explotacións dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónomo de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 16 de marzo de 2017.

Para máis información: http://mar.xunta.gal/gl/anuncios?page=1



Competencias Clave_ Nivel 2 e 3

Máis información aquí
No DOG do 07 de marzo publícase a resolución da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidades de nivel 2 e 3 de cualificación.

Obxecto

Convocar as probas de avalición en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua extranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

Presentación de solicitudes e prazo.

A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do establecido en dita resolución, e deberá ir dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 24 de marzo de 2017.

Se estás interesad@ e requires máis información prema na imaxen!!!

viernes, 3 de marzo de 2017

Boletíns semanais de ofertas para a busca de emprego. Que son? Para que serven?


Todas as semanas publicamos unha recompilación dalgúns dos boletíns de emprego máis relevantes, pero sabes o que é un boletín de emprego? sabes para que serven?...

Pois bien os boletíns son, nin máis nin menos uns documentos nos que se recompila información sobre oportunidades de emprego, publicadas orixinalmente  noutros medios, sendo o seu valor principal a comodidade que supón non ter que trastear todasas fontes de procura de emprego.

Non obstante, debemos de ter en conta que por moi completo que sexa o boletín non garante nin a veracidade das ofertas publicadas nin a total recompilación de ofertas existentes no mercado laboral, polo que se estás en procura activa de emprego queda nas túas mans comprobar se as ofertas publicadas nos mesmos son todas as existentes así como, filtrar só aquelas que verdadeiramente se adaptan ao teu perfil profesional ou as túas expectativas laborais.

Recorda que ainda que son unha boa fonte cara a procura de emprego non son a única, debes facer unha selección de fontes de reclutamento que mellor se che axusten e a mesma debe de estar actualizada o máximo posible.

jueves, 2 de marzo de 2017

Contratación Temporal Xunta de Galicia

O pasado día 28 de febrerio publicouse no DOGA a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.
Para acceder a dita información só tes que premer aquí.

Se estás interesad@ en algún dos postos ofertas e queres inscribirte ou requires máis información ao respecto só tes que pinchar no seguinte enlace:

http://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes




Boletíns de Emprego S10

Como cada xoves achegámosvos os boletíns de emprego.



Preme para acceder o boletín




Preme aquí










NOTA: Quedamos a espera de poder publicar o PonteEmprego desta semana.