Mostrando entradas con la etiqueta Competencias clave. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencias clave. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de marzo de 2017

Competencias Clave_ Nivel 2 e 3

Máis información aquí
No DOG do 07 de marzo publícase a resolución da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidades de nivel 2 e 3 de cualificación.

Obxecto

Convocar as probas de avalición en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua extranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

Presentación de solicitudes e prazo.

A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do establecido en dita resolución, e deberá ir dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 24 de marzo de 2017.

Se estás interesad@ e requires máis información prema na imaxen!!!