Mostrando entradas con la etiqueta axudas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta axudas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de mayo de 2017

Guía de emprendimento social en España

Os mellores poxectos de emprendimento social en España.

Esta guía reúne unha gran cantidade de datos de gran valor para os empredores na área social, con información actualizada de cerca de noventa fontes de financiación, máis de quince aceleradoras-incubadoras, 16 organismo públicos, áreas de coworking, fondos de inversión e 25 influencers.

Tamén recolle datos sobre ONGS, entidades formativas, premios que se conceden neste eido, medios de comunicación e relación de proxectos sociais creados en España recentemente.

En total, esta guía divulgativa e gratuita ofrece información de cerca de 300 entidades e organización relacionadas co emprendimento social, o que supon unha ferramenta de consulta de gran valor para as persoas que teñan un proxecto no emprendimento social.

Aquí vos deixamos o enlace para acceder a guía.

jueves, 16 de marzo de 2017

Programa de Promoción de Empleo Autónomo y Contratación Indefinida

Orden do 7 de febrero de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convoncan para o ano 2017.

A finalidade desta convocatoria é a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación  indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal en Galicia.

As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos.

Para máis información preme aquí

martes, 22 de noviembre de 2016

Subvencións para a contratacións menores de 30 anos

A dirección Xeral da Fundación EOI e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo conceden subvencións en concepto de axudas dirixidas á contratación de mozos inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, de mozos de máis de 16 anos e menos de 30 anos  que:

.- Cumpran cos requisitos do sistema de Garantía Xuvenil: estar inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estar empadroados no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia e haber participado nunha acción foramtiva desenvolvida pola Escola de Organización Industrial (EOI) no marco do programa operativo de emprego xuvenil.

.- Carezan de ocupación laboral algunha.

Máis información en:

.- BOE de 11 de novembro de 2016.
.- Base de datos nacional de subvencións.
.- Escola de Organización Industrial.
.- BOE de 5 de agosto de 2016.