Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de abril de 2017

Prácticas alumn@s curso "Operacións básicas de cociña"


 
 


O pasado día 12 de abril, o PIE de EmprgaMarín III foi nova nos medio de comunicación, nesta ocasión saiu publicada unha noticia relacionada coas prácticas laboráis que se realizaron por parte dos alumn@s do curso "Operacións básicas de cociña"

Para tod@s aqueles que estades interesados nesta nova, deixámosvos o enlace a mesma.

lunes, 23 de enero de 2017

CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Resolución da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 16 de xaneiro de 2017, pola que se efectúa una convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.


  • Destinatarios:  maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
  • Prazas: 180.
  • Duración: 12 semanas (190 horas lectivas)
  • Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
  • Datas de realización: do 15 de febreiro ao 26 de maio de 2017.
  • Presentación e prazo das solicitudes:  deberán presentarse a través da páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal) o prazo de presentación é ata o 30 de xaneiro do 2017.

Para máis información, non dubides visitar a web da rede CeMIT ou preme no seguinte enlace.


martes, 10 de enero de 2017

Boletíns de emprego




Informamos que a partir de hoxe iniciamos unha nova publicación semanal, baixo o título "Boletíns de Emprego"

Deste xeito cada semana subiremos ó blogue algúns dos boletíns de emprego con máis relevancia a nivel autonómico, facilitándovos a procura de oportunidades laborais.

Esperamos que esta nova sección vos sea de axuda !!!!

lunes, 9 de enero de 2017

Curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais

O Concello de Marín desenvolverá un curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais de 438 h. lectivas.
Número de prazas: 15.
Requisitos de acceso:
1. Formación: Cumprir algún dos requisitos seguintes:
  • Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para mariores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do RD 34/2008, do 18 de xaneiro, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.
Terán prioridade na selección:
Socorristas inscritos no Rexistro galego de socorristas que conten con experiencia profesional e non estean en posesión do  mesmo certificado de profesionalidade.
Persoas das seguintes titulacións:  TSAAFD, grao en ciencias da actividade física e do deporte, ou grao educación primaria con mención en Educación Física.
Para preinscribirse para as probas de acceso:
No teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com