miércoles, 31 de mayo de 2017

Guía de emprendimento social en España

Os mellores poxectos de emprendimento social en España.

Esta guía reúne unha gran cantidade de datos de gran valor para os empredores na área social, con información actualizada de cerca de noventa fontes de financiación, máis de quince aceleradoras-incubadoras, 16 organismo públicos, áreas de coworking, fondos de inversión e 25 influencers.

Tamén recolle datos sobre ONGS, entidades formativas, premios que se conceden neste eido, medios de comunicación e relación de proxectos sociais creados en España recentemente.

En total, esta guía divulgativa e gratuita ofrece información de cerca de 300 entidades e organización relacionadas co emprendimento social, o que supon unha ferramenta de consulta de gran valor para as persoas que teñan un proxecto no emprendimento social.

Aquí vos deixamos o enlace para acceder a guía.

martes, 23 de mayo de 2017

Persoal Administrativo do ORAL


No BOPPO do día 23 de maio, publícase a convocatoria de selección do persoal que integrará a bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra de Persoal Administrativo do ORAL.

A convocatoria ten por obxecto constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laboráis temporais de diverso persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguintes ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Para máis información preme no seguinte enlace.

Conserxes Centros Escolares - Concello de Pontevedra



No BOPPO do día 22 de maio, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para a configuración dunha lista de reserva (lista B) para a sustitución transitoria de diversas prazas e acumulación de funcións na unidade operativa de conserxería de centros escolares.

O obxecto da convocatoria é a formación dunha lista de reserva (lista B) para a cobertura temporal, mediante a provisión interina, de prazas de ordenanza, vxiante, porteiro de colexio público, operario, subalterno de administración especial, encadradas no grupo APe cuxos titulares prestan servizos na Unidade Operativa de Conserxería de Centros Escolares.

O sistema de selección é o de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria xunto coas presentes bases no BOPPO. Os sucesivos anuncios en relación a este proceso selectivo publicaranse, na sede electrónica do Concello de Pontevedra (www.sede.pontevedra.gal)

jueves, 11 de mayo de 2017

Boletíns de emprego S20

Como cada xoves, achegámosvos os boletíns de emprego publicados ao longo desta semana.




Preme aquí
 
 
 

Preme aquí
 
 
 


Preme aquí
 
 
 

Preme aquí


 

lunes, 8 de mayo de 2017

Socorristas Acúaticos e Sanitarios - Concello de Sanxenxo

Bases para a creación, urxente, dunha bolsa de emprego de Socorristas acuáticos e sanitarios en reximen laboral temporal para o servizo de vixilancia das parias do municipo 2017.

O obxecto desta convocatoira é a creación dunha bols de contratación laboral temporal de socorristas e sanitarios para atender as necesidades de socorrismo nas praias do Concello de Sanxenxo.
A modalidade contractual será de duración determinasa por obra ou servizo, estando a duración dos contratos condicionada polas necesidades do servizo, a existencia de crédito e das axudas que pidan conceder outras administración.

O prazo de presentación de instancias para poder participar no proceso de selección finaliza o vindeiro 24 de maio de 2017.

Para máis información:

Concello de Sanxenxo
C/ consistorio, 4-6 (Sanxenxo)
Tlf: 986 720 075
www.sanxenxo.es