Mostrando entradas con la etiqueta mestres composteiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mestres composteiros. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de enero de 2017

BOLSAS PRÁCTICAS LABORAIS MESTRES COMPOSTEIROS

No Boppo, con data 24 de xaneiro de 2017, publícanse as bases da convocatoria de 15 bolsas de práctica laboral de Mestres composteiros con destino ao Plan Conpost Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
O obxecto das mesmas, é regular a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade de 15 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación  na área de xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestres e mestras composteiras.

Entre todos os concorrentes seleccionaránse a 20 aspirantes, que deberán realizar un curso teórico-práctico impartido por persoal especializado na materia, cunha duración de 4 semanas, co obxecto de formalos como mestres composteiros, de xeito que finalmente 15 deles resulten elexidos para exercer como asesores e animadores deste método de tratamento da materio orgánica de orixe domiciliaria naqueles concellos da provincia de Pontevedra que participen no "Plan de Compost Revitaliza" posto en marcha dende a Deputación de Pontevedra.


Se che interesa participar neste proceso ou requires máis información, preme aquí.