Mostrando entradas con la etiqueta Competencias profesionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencias profesionais. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de enero de 2017

RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Orde do 30 de decembro da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O obxecto desta convocatoria é establecer o procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou vás non formais de formación.

As cualificacións profesionais obxecto desta convocatoria son:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Servizos para o control de pragas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais.
  • Extinción de incendios e salvamento.
  • Tanatopraxia.
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.
Para máis información: Xunta de Galicia