Mostrando entradas con la etiqueta FP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FP. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de enero de 2017

Acreditación competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral


Orde do 28 de decembro de 2016, da Cª de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


O obxecto desta orde é realizar e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017, ambos os dous incluidos.

Para máis información:

- DOGA
- www.edu.xunta.es/fp/acreditacion