Cando falamos das ferramentas necesarias cara a procura dun posto de traballo o primeiro que se nos ven a cabeza é o Curriculum Vitae, pero é o CV a única ferramenta a utilizar na nosa estratexia cara a insercción laboral? e se o estou a realizar de forma incorrecta? é o modelo que uso o máis adecuado?
A resposta a todas estas dúbidas é.... non hai unha resposta correcta, sí, sentimos dicirvos isto pero a resposta é DEPENDE... e de que depende? pois do itinerario cara a procura de emprego que vas seguir, da empresa a que te vas dirixir, do teu perfil profesional, do posto de traballo ao que queres optar.... Non todas as empresas seguen o mesmo patrón cara o recrutamento de candidatos, xa que son cada vez máis as que se unen a era dixital, de xeito que son cada vez menos as empresas que recollen candidaturas de emprego en formato papel ( ferramenta comunmente utilizada pola maioría dos demandantes de emprego).
Con todo, o curriculum vitae segue sendo a ferramenta máis utilizada na procura de emprego, e é que aínda que as redes sociais e internet cada vez teñan máis peso, tamén é certo que moitas empresas máis pequenas que non teñen unha gran relevancia na web seguen utilizando esta ferramenta como a vía para acceder aos candidatos. Por iso debemos ser coidadosos e facer un bo curriculum, porque nunca sabemos onde nolo van a pedir, o bo é que si sabemos que nos van a esixir para ter un bo curriculum.
Un dos factores máis importante é o desenvolver o apartado de experiencia laboral, apartado no que se deben indicar, ao detalle, que tarefas ou funcións levaches a cabo con anterioridade, pois é a mellor maneira de saber que tarefas ou funcións podes levar a cabo nun futuro. Pero aínda ao día de hoxe son moitas as persoas que á hora de reflectir a súa experiencia profesional no curriculum limítanse a indicar o posto de traballo, a empresa e o período de tempo que foron contratados.
Es tí unha desas persoas? de verdade segues crendo que achegas toda a información que as empresas necesitan para saber se es o candidato idóneo? Está claro que o posto de traballo é o importante, pero o que realmente lle interesa as empresas é que funcións desempeñaches e que responsabilidades levaba o teu traballo.
Neste blogue atoparás unha entrada exclusiva sobre como redactar o curriculum vitae, unha carta de presentación ou como levar ao día unha axenda de procura de emprego.

No hay comentarios:
Publicar un comentario