viernes, 27 de enero de 2017

A fotografía no Currículum


A fotografía é un elemento importante do C.V.
Grazas a ela personalizamos o CV e identificámonos a “golpe de vista”.
Nun CV que leve foto é inevitable que os ollos se dirixan a ela antes ca cualquera outra parte do documento, ademáis, pola súa situación, tamaño e cor capta de seguido a atención do lector.

Por estos motivos é esencial adicarlle á fotografía a importancia que merece.

8 CLAVES PARA A FOTO DO TEU CV

1. Mellor que a faga un profesional:

A calidade da imaxe é importante, a súa resolución, o enfoque, a luz. Se nos preocupamos polo aspecto e estrutura do CV, tamén debemos preocuparnos polo aspecto e calidade da nosa imaxe. Unha boa foto está a dar unha mellor imaxe de nós!!!


2.  A vestimenta:

Non vale cualquera! Se non vistes igual para ir a unha voda que para ir á praia, tampouco o debes facer para ir sacar a foto do CV. Esa foto estará inserida nun documento de traballo, polo tanto debes estar vestido/a acorde á situación. Nin abrigado/a de máis-chaquetón e bufanda- nin demasiado escasa/o de roupa- asas ou tirantes. Nin deportivo de máis-sudadeira- nin elegante de maís- de gala. Simplemente viste normal, como irías a traballar no teu primeiro día de traballo. O que xa implica por si que hai unha marxe segundo cal sexa o teu traballo.


3. Ponlle un soriso:

Non fai falla que ensines os dentes. Pero un pequeño soriso móstrate como unha persoa máis afable e cercana. Vamos, que lle das mellores vibracións ao reclutador/a. E por moito que tente ser neutro/a, nun proceso no que interveñen persoas sempre haberá un halo de subxetividade que ven marcado polas emocións.
Trátase polo tanto, de que a impresión que xernere a túa foto sexa positiva en non negativa.
Evita as expresións serias, xestos de tensión, ou cara de recén despertado/a, aposta polo sorriso e a cara relaxada.

4.  Non ao selfie:

Pero se insistes en sacar a foto na casa e non lle pagar nin un céntino á tenda de fotografía, pídelle a outra persoa que cha saque. Un selfie sempre se notará que é un selfie, e non estamos nas redes sociais. O principal é que a posición do teu corpo sexa erguida e relaxada. Se suxeitas ti mesmo/a a cámara os teus hombreiros aparecerán erguidos.

5.  Á altura dos ollos:

O obxectivo da cámara debe estar situado á altura dos teus ollos. Cualquera outra cousa verase rara. Si está máis alta, aparecerás mirando cara arriba e semellarás un matón. Se está máis baixa o ángulo non favorecerá nada a túa incipiente papada.

6.  O fondo neutro:

Un responsable de persoal non quere saber de que cor son os azulexos do teu baño nin que programa estaban a botar na televisión naquel intre. Busca unha parede lisa e de cor suave. Branca é o mellor, porque ademáis axuda a reflectir a luz e mellorar a foto.

7.  A luz natural:

A luz é importantísima para cualquera fotografía. Tenta utilizar luz natural. E se non é posible lembra que un fondo branco ou un folio estratéxicamente colocado axudará a mellorar a iluminación.

8.  O tamaño importa:

O que interesa desta fotografía é ver a túa cara. Non é unha foto de corpo enteiro, nen sequera ata a cintura. Recorta a imaxe ata ter parte do busto e a cabeza. Tampouco te pases! Non te degüelles, nin saias en primeirísimo plano. Votarás a perder todo o esforzo que puseches en elexir a roupa, a luz e o fondo...


No hay comentarios:

Publicar un comentario