Transmite teu cv o tipo de persoa e de profesional que ti es?
Sen meternos no contido, quero darche algunha ideas do que
hai que ter en conta ao facer o cv.
1.- Ha de ser agradable á vista.
Ten que entrar polos ollos. Que apeteza lelo. Evita que o
texto estea saturado e comprimido, e
tamén que sexa demasiado escaso e que quede medio folio valeiro. Centra o texto
na folla, utiliza letra lexible (non uses cursivas nin fontes de fantasía)
Usa cores. 3 como máximo, rompen a monotonía, fano máis
alegre e atractivo.
2.- Ben estructurado.
Separa a información por bloques ou apartados fácilmente
identificables. Facilitaralle ao recutador/a atopar rápidamente a información
que busca.
3.- Demostra os teus coñecementos.
Ningún cv é igual a outro, todos teñen un toque persoal. O cv
que fai unha persoa que traballa nun sector creativo é moi diferente ao que
farái outra persoa que traballe no sector industrial ou no sector de oficinas e
despachos.
O cv pode reflexar os teus coñecementos e as túas carencias.
Se eres secretaria/o de dirección ou xornalista, non se che perdoarán as faltas
de ortografía no texto. A capacidade de
síntese e concrección será ben valorada.
Se eres deseñador/a gráfico ou dalgunha profesión artística,
aprobeita para plasmar os teus coñecementos informáticos e a túa creatividade
neste documento. Non se che ocurra presentar un folio soso e sen gracia porque
estarás a transmitir carencia de competencias.
Dedicarlle tempo e atención ao CV, indica interese polo posto
de traballo. Doutro xeito, quen se ía matar tanto? Ponte no lugar do
reclutador, a quen chamarías a entrevista? A quen se afanou por darche un cv
ben chulo, ou a quen che entregou un churro?
E recorda o que dixo Oscar Wilde:
“No hai unha segunda
oportunidade para causar unha primeira impresión”

No hay comentarios:
Publicar un comentario