No BOPPO do día 22 de maio, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para a configuración dunha lista de reserva (lista B) para a sustitución transitoria de diversas prazas e acumulación de funcións na unidade operativa de conserxería de centros escolares.O obxecto da convocatoria é a formación dunha lista de reserva (lista B) para a cobertura temporal, mediante a provisión interina, de prazas de ordenanza, vxiante, porteiro de colexio público, operario, subalterno de administración especial, encadradas no grupo APe cuxos titulares prestan servizos na Unidade Operativa de Conserxería de Centros Escolares.
O sistema de selección é o de concurso-oposición.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria xunto coas presentes bases no BOPPO. Os sucesivos anuncios en relación a este proceso selectivo publicaranse, na sede electrónica do Concello de Pontevedra (www.sede.pontevedra.gal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario