miércoles, 14 de junio de 2017

Convocatoria obtención Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática


No DOGA do pasado día 14 de xuño de 2017, publicouse a resolución da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se efectúa una convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliazación a través da correspondente proba presencial.

Destinatarios: Persoas maiores de 16 ano ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

 Nº de prazas: 180.

Duración: 12 semanas (190 h. lectivas)

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: do 04 de setembro ao 26 de novembro de 2017.

As persoas que desexen particpar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal), ata as 14:00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Dito prazo é de cinco días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOGA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario