martes, 22 de noviembre de 2016

Subvencións para a contratacións menores de 30 anos

A dirección Xeral da Fundación EOI e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo conceden subvencións en concepto de axudas dirixidas á contratación de mozos inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, de mozos de máis de 16 anos e menos de 30 anos  que:

.- Cumpran cos requisitos do sistema de Garantía Xuvenil: estar inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estar empadroados no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia e haber participado nunha acción foramtiva desenvolvida pola Escola de Organización Industrial (EOI) no marco do programa operativo de emprego xuvenil.

.- Carezan de ocupación laboral algunha.

Máis información en:

.- BOE de 11 de novembro de 2016.
.- Base de datos nacional de subvencións.
.- Escola de Organización Industrial.
.- BOE de 5 de agosto de 2016.

lunes, 21 de noviembre de 2016

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA O CONCELLO DE MEAÑO




CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZAS EN REXIMEN DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL


Publícanse as bases que regulan o proceso selectivo para a contratación laboral temporal do seguinte persoal:

.- 1 Téc., superior de animación sociocultural.
.- 1 Ordenanza conserxe para o centro social de Dena.
.- 1 Aux. de clínica para o programa concilia.
.- 1 Coidador/a transporte asistencial/axuda a domicilio.
.- 9 Coidadores/As de axuda a domicilio. (Lei de dependencia)

Os interesados/as  en participar nestes procesos selectivos poderán presntar as súas solicitudes no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.

As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados/as na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen o solicite.

Máis información en www.concellodemeano.com


domingo, 13 de noviembre de 2016

TÉCNICO/A DE ORIENTACIÓN E PROSPECCIÓN LABORAL




Aprobadas as bases rectoras do proceso
de selección dun/ha funcionario interino coa categoría de técnico/a para a realización de accións de ORIENTACIÓN, PROSPECCIÓN LABORAL E ACCIÓNS DE SENSIBILIZACION DA CULTURA EMPRENDEDORA PARA O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO “EMPREGAMARIN III”

Para máis información preme aquí

lunes, 31 de octubre de 2016

Listas SERGAS

Iníciase o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais nos postos de traballo do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria nos colectivos profesionais que se indican a seguir:
  • Clase de inspector/a médico
  • Clase de inspector/a farmacéutico
  • Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.
  • Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en medicina e ciruxía, licenciado/a en farmacia, licenciado/a en ciencias químicas, licenciado/a en ciencias biolóxicas, licenciado/a en psicoloxía.
  • Clase de subinspector/a sanitario/a
  • Clase de ATS/DUE.
Prazo presentación solicitudes: Ata o 30/11/2016
Para máis información preme aquí.


 

lunes, 24 de octubre de 2016

Ferramentas de procura de emprego (1ª parte)






Cando falamos das ferramentas necesarias cara a procura dun posto de traballo o primeiro que se nos ven a cabeza é o Curriculum Vitae, pero é o CV a única ferramenta a utilizar na nosa estratexia cara a insercción laboral? e se o estou a realizar de forma incorrecta?  é o modelo que uso o máis adecuado?

A resposta a todas estas dúbidas é.... non hai unha resposta correcta, sí, sentimos dicirvos isto pero a resposta é DEPENDE... e de que depende? pois do itinerario cara a procura de emprego que vas seguir, da empresa a que te vas dirixir, do teu perfil profesional, do posto de traballo ao que queres optar.... Non todas as empresas seguen o mesmo patrón cara o recrutamento de candidatos, xa que son cada vez máis as que se unen a era dixital,  de xeito que son cada vez menos as empresas que recollen candidaturas de emprego en formato papel ( ferramenta comunmente utilizada pola maioría dos demandantes de emprego).

Con todo, o curriculum vitae segue sendo a ferramenta máis utilizada na procura de emprego, e é que aínda que as redes sociais e internet cada vez teñan máis peso, tamén é certo que moitas empresas máis pequenas que non teñen unha gran relevancia na web seguen utilizando esta ferramenta como a vía para acceder aos candidatos. Por iso debemos ser coidadosos e facer un bo curriculum, porque nunca sabemos onde nolo van a pedir, o bo é que si sabemos que nos van a esixir para ter un bo curriculum.

Un dos factores máis importante é o desenvolver  o apartado de experiencia laboral, apartado no que se deben indicar, ao detalle, que tarefas ou funcións levaches a cabo con anterioridade, pois é a mellor maneira de saber que tarefas ou funcións podes levar a cabo nun futuro. Pero aínda ao día de hoxe son moitas as persoas que á hora de reflectir a súa experiencia profesional no curriculum limítanse a indicar o posto de traballo, a empresa e o período de tempo que foron contratados.

Es tí unha desas persoas? de verdade segues crendo que achegas toda a información que as empresas necesitan para saber se es o candidato idóneo? Está claro que o posto de traballo é o importante, pero o que realmente lle interesa as empresas é que funcións desempeñaches e que responsabilidades levaba o teu traballo.

Neste blogue atoparás unha entrada exclusiva sobre como redactar o  curriculum vitae, unha carta de presentación ou como levar ao día unha axenda de procura de emprego.


martes, 18 de octubre de 2016

Arranca a terceira edición do PIE EmpregaMarin


Arranca a terceira edición do Programa Integrado de Emprego "Empregamarín", que se presentou onte, día 17 de outubro, nun acto que contou coa presenza da alcaldesa, María Ramallo, o director xeral de Orientación e Promoción laboral, José Alfonso Marnotes e o xefe territorial deste departamento da Xunta, Ignacio Rial.




Para a execución da edición 2016/2017 do programa Empregamarín III o Concello de Marín previu un orzamento por importe de 114.844,48 euros, dos cales 94.172,48 euros están subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e os 20.672 restantes pertencen a fondos do propios Concello.


O programa contará cun total de 60 participantes, sendo os colectivos aos que vai dirixido:

  • Menores de 30 anos.
  • Persoas perceptoras de prestacións (subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI).
  • Persoas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA).
Todas elas incritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego de Galicia.



O proceso de selección para formar parte deste programa de emprego, levouse a cabo os meses de setembro e outubro. A finalidade última do Empregamarín III é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.

Este programa, dirixido á mellora da ocupabilidad e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, contempla a posta en marcha dun plan integral que combinará accións de diversa natureza, tales como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, mobilidade xeográfica ou formación para a igualdade.

No ámbito formativo, o programa contará nesta terceira edición con accións para a adquisición de aptitudes profesionais en especialidades como Mecanizado e elaboración de pezas de carpintería; Actividades auxiliares de almacén; Operacións básicas de cociña e Operacións básicas de comercio.

Ademais, como nas edicións anteriores, os participantes contarán coa posibilidade de desenvolver un curso de alfabetización informática e de preparar os exames libres da ESO.

O programa dinamízase a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Marín.




lunes, 17 de octubre de 2016

A Xunta destaca que a terceira edición do Programa Integrado de Emprego de Marín mellorará a formación de 60 persoas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe no inicio do Programa Integrado de Emprego (PIE) Emprega Marín III, unha iniciativa apoiada desde a Xunta e a través da cal 60 alumnos e alumnas deste municipio pontevedrés recibirán formación para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.
Alfonso Marnotes destacou que este programa ofrece unha cualificación adaptada á demanda do mercado laboral, mellorando a inserción laboral dos participantes. Neste caso concreto, un total de 60 persoas desempregadas, con especial atención aos colectivos con máis dificultades para acceder ao mercado laboral, participarán na terceira edición do Programa Integrado Emprega Marín, coa previsión de acadar unha inserción no mercado laboral de polo menos o 40%.
O programa ten previsto elaborar itinerarios individualizados para as persoas demandantes, que inclúen información, orientación, formación e asesoramento, ademais de técnicas para a busca de emprego e fortalecemento das habilidades sociais coa finalidade de completar un perfil axeitado para o acceso ao mercado de traballo.
Así, durante o próximo ano, os participantes mellorarán as súas capacidades profesionais en áreas como comercio, cociña, mecanizado, carpintería ou almacenaxe. De feito, entre as accións formativas incluídas no PIE Emprega Marín III, están cursos de operacións auxiliares de comercio, operacións básicas de cociña, mecanizado e elaboración de pezas de carpintería, actividades auxiliares de almacén, así como módulos de técnicas activas para a busca de emprego, de habilidades sociais e de igualdade. Como formación complementaria ofertarase un curso de alfabetización dixital, cunha duración de 30 horas.
Ademais, levarase a cabo a prospección laboral dos participantes, establecendo relacións co empresariado da comarca, facendo así un labor de intermediarios entre as empresas e os demandantes de emprego.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral puxo en valor a cooperación entre a Xunta e os concellos para o desenvolvemento destes programas integrados de emprego; ao tempo que recordou que este ano puxéronse en marcha en Galicia un total de 28 novas iniciativas similares que, cun orzamento de case 3 millóns de euros, teñen previsto beneficiar a preto de 1.700 persoas.
A estes plans súmanse os obradoiros de emprego, centrados na realización de obras ou na prestación de servizos de interese xeral e social. Cunha duración de 6 meses, cada obradoiro alterna formación e práctica profesional co obxectivo de fomentar o emprendemento e de mellorar a aprendizaxe, a cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Marnotes apuntou que tanto os programas integrados como os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a folla de ruta a través da que en Galicia se fomenta a formación, a capacitación e a especialización co obxectivo de impulsar o emprego estable e de calidade, reducir a taxa de paro ata o 10% en 2020, xerar 100.000 novos empregos e crear ou converter 50.000 contratos en indefinidos.