martes, 7 de marzo de 2017

PERMEX (Permiso de Explotación Marisqueo a pé)

Resolución do 23 de febreiro de 2017 da Xefa territorial de Vigo pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé das confadrías de Lourizán, Pontevedra e Raxó.

O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 19 prazas de marisqueo a pé na cofraría de Lourizán, 15 prazas na confraría de Pontevedra e 2 na confraría de Raxó.

O proceso desenvolverase en dúas quendas, unha xeral e outra para aquelas persoas que se atopen en circunstancias socio-económicas de especial necesidade.

Aos efeectos desta convocatoria considerarase que se atopan en circunstancias socio-económicas de especial necesidade:


  • Os perceptores da renta activa de inserción.
  • As persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia.
  • As persoas que acheguen un informe dos servizos sociais das administracións públicas no que se acredite que se atopan en situación de exclusión social.

As persoas que desexen presentarse ao proceso selectivo, deberán facelo constar mediante unha instancia que se axustará ao modelo que se publica como ancexo II da orde do 30 de decembro, pola que se regula as explotacións dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónomo de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 16 de marzo de 2017.

Para máis información: http://mar.xunta.gal/gl/anuncios?page=1



No hay comentarios:

Publicar un comentario