Pois
verdadeiramente a resposta é un claro e rotundo non, xa que a meirande parte da
xente non sabe enviar e-mails, ou non o fai axeitadamente.
Porque enviar un
e-mail non é darlle ao botón de “Enviar”. É moito máis.
Antigamente no
colexio ensinábannos a escribir unha carta, máis adiante nos estudos
específicos aprendiamos a escribir determinados tipos de cartas ou escritos máis
oficiais; unha carta de reclamación, unha carta de agradecemento... Tal vez as
cousas cambiaron e a ensinanza xa non é o que era fai uns anos ou é que todo se
debe á aparición das novas tecnoloxías?
Pero non nos enganemos!!
Escribir un e-mail non é como mandar unha mensaxe de texto ou de whatsapp, inda
que o enviemos dende o noso dispositivo móbil.
Un e-mail é moito
máis parecido a unha carta tradicional.
AS TRES CLAVES
PARA ENVIAR UN E-MAIL
1. O ASUNTO
Nunca esquezas
escribir neste apartado, xa que é o apartado no que se fai referencia ao
contido do e-mail.
¿Para que serve?
Para moito, xa que ao abrir a bandexa de entrada e ler o asunto dos e-mails,
decides cal é máis importante e polo tanto cal vas ler primeiro.
A isto teslle que sumar
que cando precises ou queiras volver a ler
un determinado e-mail, distinguiralo do resto polo seu asunto.
O asunto é breve;
unha palabra, unha frase curta. Non escribas aquí todo o que queres dicir, para
iso está o seguinte apartado, o corpo do e-mail.
2. O TEXTO
Na caixa grande
vai o corpo do e-mail, é dicir, todo o que queremos comunicar.
Coma sempre, cando
te dirixas a alguén debes comezar cun saúdo:
bo día, ola...
A continuación escribe
o que queres comunicar e por último, despídete, como o farías en persoa:
grazas,
atentamente, ata logo...
Nunca deixes este
espazo en branco, xa que é o espazo reservado para comunicar a túa mensaxe. Non
te esquezas de situar ao receptor no contido: “Bo día señor X, escríbolle
por…” “En referencia a...”, “Tal e como acordamos ....”
Imaxina que estás
na casa, chaman á porta é ao abrires un carteiro, sen mediar palabra, sóltache
un paquete, da a volta e marcha. Como quedas? Pareceuche maleducado? Quedaches
desconcertado? Pois a mesma sensación provoca recibir un e-mail sen asunto, nin
texto e descubrir que ten un arquivo xunto.
3. A DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA
Cando queres
enviar determinada información ou algún documento por e-mail, en moitas
ocasións vas ter que engadilo como documento xunto, esta función é moi útil e
cómoda para quen o recibe.
Deste xeito poderase
gardar no ordenador cun simple clic. Así que hai determinada información que
non debes pegar no corpo de texto, senón xuntala, tal e como sucede co teu C.V.
A quen mandas ti
e-mails? Hoxe en día case non mandamos e-mail aos amigos, verdade? Máis ben
comunicámonos con eles por whatsapp. Pensa, en que ocasións mandas un e-mail.
Seguro que a maioría van dirixidos a alguén que está a traballar, ao teu
orientador laboral, ao teu profesor, á atención ao cliente dunha páxina web…
Pensa nisto: está
a traballar?. Trátase, pois, dunha comunicación formal. Non é unha mensaxe
informal coma o whatsapp dos teus amigos. Esta persoa recibe moitos e-mails ao
longo do día, facilítalle o traballo escribindo o asunto do teu e-mail, trátao con
respecto, como profesional que é, dirixíndote a esa persoa adecuadamente ( bo
día, escríbolle por….).
Serve de algo
isto? Serve de algo conservar as formas hoxe en día?
Se estás a
escribir ao departamento de atención ao cliente, ao mellor o que queres é que
se tomen en serio a túa reclamación.
Se lle estás a
escribir a un profesor pedíndolle unha titoría ou un cambio de data, quererás
conseguilo, entón, importará a forma en que te dirixas a eles?
Se o que estás a
facer é enviar un CV a unha empresa, a forma en que o fagas está a transmitir
unha imaxe de ti.
Polo que, antes de
remitir un e-mail párate a pensar a quen vai dirixido, cal é o motivo polo cal
o remites, como o vas redactar, se tes que achegar algunha información
complementario ou remitir calquera outro documento, e sobre todo, antes de premer
no botón de “ENVIAR” volve a lelo non vaia ser que non quede claro o que queres
expresar na túa mensaxe. Recorda que unha vez que o remitas non hai volta
atrás.
De seguro que
despois de ler esta información os teus e-mails non serán o mesmo!!!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario